
2 bandexas de vidro para forno.
INGREDIENTES
Cebola (1)
Allo porro (1)
Pemento vermello (1)
Pemento verde (1)
Lomos de salmón (4)
Patacas medianas (8)
Sal e pementa en grao
PREPARACIÓN:
1 - Poñemos nunha fonte tres culleres de aceite de oliva virxe extra.
2 - Salpimentamos o salmón e colocámolos na fonte (as pezas deben ir coa pel para abaixo).
3 - Cortamos a cebola, o pemento vermello, o pemento verde e o allo porro en xuliana.
4 - Na outra fonte que temos libre, botamos un chorro de aceite de oliva virxe extra e engadimos a mestura de verduras.
5 - Cortamos as patacas en lonchas non moi grosas.
6 - Imos colocándoas encima da base de verduriñas.
7 - Salpimentamos e engadimos un chorriño de auga.
8 - Con axuda dun adulto, metemos as bandexas no forno, prequentado a 180 / 200 grados.
9 - Deixamos cociñar as patacas durante 15 ou 20 minutos. O salmón só necesita 10 minutos.
Se só tes unha bandexa podes meter primeiro as patacas, e os 10 ou 15 minutos pos o salmón por enriba.
RECOMENDACIÓN:
Para mellorar a receita podes facer unha salsa con iogur natural, unha culler de aceite de oliva virxe extra, un pouquiño de sal, unha pizca (depende do que che goste) de mostaza, outra pizca de allo en po e
5 ou 6 cogombros pequenos en vinagre, picados moi finos. Misturar ben todo e xa está lista a salsa.
Co salmón que nos sobrou e algún ingrediente máis que había pola neveira, pola noite fixemos unha pizza que estaba saborosísima. Se queres ver a receta PINCHA AQUÍ
Esta receta está escrita en gallego porque corresponde a un trabajo realizado para la asignatura de lingua galega. Enviame un comentario si no la entiendes y quieres que la traduzca
1 comentario:
Que pinta máis boa!!!
Publicar un comentario